CORO DAS EMOCIÓNS (2022)

Preme no enlace para ver o vídeo



No presente curso escolar 2021/22 o CPI de Vedra comezou a súa andaina no proxecto "Educación Responsable" promovido pola Fundación Botín en colaboración Consellería de Educación, o cal conta con distintas liñas de actuación de cara a fomentar a educación emocional por parte do alumnado.


Unha destas liñas é o "Coro das emocións", a través da cal se pretende favorecer a través da música e, en concreto, a través do canto coral, o desenvolvemento, por parte de alumnado da autoestima, a empatía, a expresión emocional, o autocontrol, a toma de decisións responsable, a asertividade, a socialización e a creatividade, entre outros aspectos.
O resultado final desta experiencia tan enriquecedora poderédela disfrutar na seguinte montaxe audiovisual. Esperamos que vos guste e que disfrutedes ao máximo con ela.






Entradas que pueden interesarte