3º Trimestre (3º/4ºcurso). TEMA 3: A MÚSICA POPULAR (URBANA)

1. Presentación sobre a MÚSICA POPULAR URBANA (4º curso)








2. PARTITURAS FRAUTA

Big Band (3º curso)








Solid as a rock (4º curso)










3. XOGOS PARA EXPERIMENTAR COA COMPOSICIÓN









TOY THEATER

Con esta aplicación poderedes crear as vosas propias melodías coas notas e figuras que traballamos na aula. Recordade que en cada vagón (compás) soamente poderedes escribir figuras que sumen 4 pulsos, xa que o compás é de 4 por 4 (ten 4 pulsos e cada pulso dura unha negra). De todas formas, se non colocades correctamente as figuras en cada compás, o xogo xa volo indica non colocando a liña divisoria correspondente.


PASOS A SEGUIR PARA CONPOÑER AS VOSAS CANCIÓNS
1. Arrastramos cada figura á liña ou ao espacio que corresponda á nota que queiramos que soe. Podedes usar tamén os silencios.
2. Unha vez que teñades a vosa canción escrita, podédela escoitar premendo en PLAY. Se non vos gusta, pódedela modificar as veces que queirades.
3. Cando a canción estea rematada, podédela escribir no voso caderno de música debuxando previamente o pentagrama, a clave de sol e escribindo o compás de 4 por 4. Debaixo de cada nota escribide as letras correspondentes que vos indica a páxina web, o cal vos vai a axudar a realizar a seguinte actividade.
4. Premede no xilófono ou no piano que atoparedes á esqueda da páxina web na que compoñéstedes a vosa canción para poder interpretala nestes instrumentos. Recordade que as letras que aparecen debaixo das notas que escribístides na vosa canción correspóndense coas notas do xilófono e do piano.
O conxunto desas letras chamámoslle en música CIFRADO INTERNACIONAL e é como se lle chaman ás diferentes notas en todo o mundo independentemente da lingua que se fale en cada país.
5. Unha vez que teñas practicada a túa canción, poderala gravar premendo en START RECORDING. Cando remates preme STOP RECORDING. A túa canción quedará gravada e poderala escoitar as veces que queiras. Tamén poderás gravar outras moitas cancións diferentes.
ANÍMATE A EXPERIMENTAR E A CREAR!!!